H.P. Lovecraft

Amosando 1–12 de 14 resultados

Howard Phillips Lovecraft (1890-1937), alcumado tamén “o solitario de Providence”, foi o escritor estadounidense que levou ao maior éxito o xénero narrativo denominado “terror cósmico”, inspirado especialmente en autores como Lord Dunsany, W.H. Hodgson ou Arthur Machen. A súa vasta mitoloxía de deidades e entidades cósmicas e extracósmicas que asexan na escuridade e cobizan o noso mundo deixou unha pegada indelébel na literatura de terror e ciencia ficción dos seus coetáneos e os seus sucesores, até o punto de que múltiples dos elementos que a conforman, como o aborrecido Necronomicon, o gran Cthulhu ou a Universidade de Miskatonic pasaron a formar parte da cultura popular e do imaxinario colectivo.

H.P. Lovecraft
Howard Phillips Lovecraft (1890-1937), alcumado tamén "o solitario de Providence", foi o escritor estadounidense que levou ao maior éxito o xénero narrativo denominado "terror cósmico", inspirado especialmente en autores como Lord Dunsany, W.H. Hodgson ou Arthur Machen. A súa vasta mitoloxía de deidades e entidades cósmicas e extracósmicas que asexan na escuridade e cobizan o noso mundo deixou unha pegada indelébel na literatura de terror e ciencia ficción dos seus coetáneos e os seus sucesores, até o punto de que múltiples dos elementos que a conforman, como o aborrecido Necronomicon, o gran Cthulhu ou a Universidade de Miskatonic pasaron a formar parte da cultura popular e do imaxinario colectivo.