Fallo do II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica 11th Febreiro 2017 – Posted in: Mundo editorial, premio Antón Risco – Tags:

Reunido en Allariz o 11 de febreiro de 2017, o xuri do II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica composto por:

Antonio Manuel Fraga, gañador da anterior edición

César Lorenzo Gil, crítico literario

Elisa Torres, da UTAD

Isabel Cristina Mateus, da Universidade do Minho

Montse Pena Presas, crítica literaria

e actuando como secretario sen voto Tomás González Ahola, de Urco Editora.

 

RESOLVE

 

Concecer o II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica, convocado pola Fundación Vicente Risco, Urco Editora, Auga Editora, Sacauntos Cooperativa Grática, Libraría Aira das Letras, Libraría Traga-Mundos, Pastelaría Fina Rey e Restaurante A Fábrica de Vilanova.

 

Á obra co título

 

DORMIR COM LISBOA

 

que, aberta a plica, resultou ser da autoría de

 

Fausta Cardoso Pereira,

 

que recibirá como premio 3000€ menos os impostos correspondentes e a publicación da obra.

 

Asemade, o xuri tamén destacou como finalistas a igualdade de puntos as obras presentadas baixo os títulos

 

O NENO QUE SOÑABA COA LÚA

 

e

 

PENUMBRA

 

as cales, logo de ser valoradas pola editora, poderán optar a seren publicadas, sempre que as súas autoras ou autores estean de acordo e contacten coa editora.

 

 

En Allariz, a 11 de febreiro de 2017