Actividades de Urco Editora no Culturgal 2016 29th Novembro 2016 – Posted in: literatura fantástica, Mundo editorial, Novidades, Urco

Un ano máis Urco editora preparou un programa de actividades para deselvolver no Pazo da Cultura de Pontevedra. Estaremos no Culturgal 2016 desde o venres 2, mais  a programación está axendada para o sábado 3 e o domingo 4. Presentaremos as novidades editorias no “Espazo Libro”  e levaremos a cabo encontros entre autoras e autores  e o  lectorado no stand da propia editora. Para eses encontros poderán inscribirse no correo info@urcoeditora.com co asunto “Encontro con” e o nome do escritor ou escritora co que desexen charlar. O grupo será reducido, dúas ou tres persoas.

Sábado 3

12:00 h.  Encontro coa escritora Eli Ríos, autora de Mulleres Bravas da nosa historia: María Victoria Moreno.

13:15 h. Presentación da colección infantil

«Mulleres bravas da nosa historia: Rosalía de Castro e María Victoria Moreno»

Participarán as autoras Eli Ríos, María Lado, a ilustradora da colección Eva Agra e Andrea Jamardo Seijo de Urco editora . A presentación terá lugar no “Espazo Libro”  do Culturgal.

16:30 h.  Encontro coa escritora María Lado, autora de Mulleres Bravas da nosa historia: Rosalía de Castro.

18:00 h. Encontro co escritor Antonio Manuel Fraga, gañador do I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica con Querido H.P Lovecraft.

19:30 h. Encontro co escritor Pablo Fernández Barba, gañador do XVI Premio Vicente Risco de Creación Literaria con Transición.

20:30 h. Presentación de «Dr.Alveiros», o novo selo da Fundación Vicente Risco e Urco editora, xunto cos tres primeiros títulos da colección: Transición de Pablo Fernández Barba,  Análise simbólica e estrutural do mito da moura de Rafael Quintiá Pereira e Galegos do Douro na obra de João Araújo Correia.

Domingo 4

12:30 h.  Encontro co escritor Carlos Quiroga, finalista do I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica  con Peixe Babel.

13:30 h. Encontro co escritor Xosé Duncan, autor de Negruña.

17:15 h. Encontro coa escritora María Canosa,  autora de Cando cae a luz.

18:00 h. Entrevista ás escritoras de literatura fantástica xuvenil  María Canosa, autora de Cando cae a luz, e Alex Bayorti, autora de Tom, Huck e o misterio da trabe de ouro, por David Cortizo, editor de Urco.
18:30 h.  A editora Llerena Perozo entrevista  a Antonio Manuel Fraga e Carlos Quiroga, gañador e finalista do I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica

19:00 h. Encontro coa escritora Alex Bayorti, autora de Tom, Huck e o misterio da trabe de ouro.