Romaría dos libros 23rd Xullo 2015 – Posted in: Libros libres, Mundo editorial – Tags: , , ,

Romaría dos libros o 25 de xullo

Editoras e librarías de Compostela sairán á rúa o vindeiro 25 de xullo para levar a cabo a primeira “Romaría dos libros”.

O vindeiro sábado 25 de xullo a partir das 11 da mañá, as pedras da Praza de Mazarelos serán testemuña da trasfega dunha auténtica romaría, só que neste caso dunha “romaría dos libros”.

A iniciativa parte dun grupo de librarías e editoras da cidade, conscientes da necesidade de unir esforzos para reforzar o tecido cultural picheleiro arredor do libro e da lectura. Así e todo, non se trata dunha actividade illada, senón só unha primeira experiencia para ir artellando unha plataforma do libro que integre todas aquelas persoas e entidades que traballan en prol das letras.

O programa

O programa inclúe unha serie de actividades lúdicas e musicais, que se desenvolverán ao longo do día no espazo da praza, onde ademais da zona de postos de venda de libros tamén haberá habilitada unha zona de bar con terraza e un espazo para crianzas.

12:00 – Apertura de postos

14:00 – Sesión vermú literario-musical: Sira e o robot, adventures on Titan (Miguel Mosqueira e Mark Wiersma)

17:00 – Solta de libros (bookcrossing) pola cidade

18:00 – Express literario (micropresentacións e lecturas de microrrelatos)

19:00 – Combate de debuxantes

20:00 – Guilherme e Bastardo: presentación do libro-cd Veredevere ao vivo

21:00 – Libros que soan: A chave mestra (Ariel Ninas)

Océano para terrícolas: contos do mar de Irlanda (Xurxo Souto)

22:00 – Feche

Participantes

As entidades participantes na romaría son as seguintes:

-Edicións Positivas

-Libraría Lila de Lilith

-Komic Librería

-Livraria Ciranda

-Urco editora

-Libraría Aenea

-Apiario

-Contos Estraños

-Axóuxere Editora

-Irmás Cartoné

-aCentral Folque

-A Gata Tola

-Através editora

Asemade, a barra será xerida por “Silveira, casa de xantar”

Desde o primeiro momento, o Concello de Santiago amosou o seu interese no desenvolvemento desta actividade, que apoiou fornecendo medios técnicos para a súa realización.

Contactos prensa:

Lola (libraría Aenea): 699 638 087

Francisco Macías (Edicións Positivas): 660 397 064

Mail organización: romariadoslibros@gmail.com

Páxina de facebook: https://www.facebook.com/romariadoslibros?fref=ts