Presentación da Biblioteca Lovecraft 19th Xullo 2011 – Posted in: Uncategorized
Como xa sabedes, recentemente publicamos o primeiro volume da obra completa de H.P. Lovecraft, o autor de Providence creador dun xénero de ciencia ficción cósmica e materialista que tivo innúmeros seguidores.
O vindeiro 29 de Xullo ás 22:00, en colaboración coa Sociedade Lovecraft da Galiza, presentaremos no Centro Social O Pichel os volumes 2 e 3 da Biblioteca, que conterán as historias “O Horror de Dunwich”, “O que marmura na escuridade” e “Nas montañas da loucura”, referentes na construcción dos Mitos de Cthulhu.
A presentación será enmarcada nas celebracións do 75 aniversario da Sociedade Lovecraft da Galiza, que organizará ese dia e nese mesmo lugar unha partida de rol en vivo ambientada no universo lovecraftiano que, agardamos, permitirá aos asistentes participar das mesmas terroríficas emocións que os protagonistas das historias do solitario de Providence. Podedes atopar mais información sobre a partida de rol na propia web da SLG, e tamén nun evento de Facebook creado ao efecto.
A presentación e a partida de rol serán amenizadas con música inspirada nos Mitos, petiscos e, por suposto, estraños e impios eventos mais alo do comprensível para a mente humana.