O mundo secreto de Basilius Hoffman 9th Maio 2011 – Posted in: Alcaián, Novidades

Seguindo coa nosa Colección Alcaián, o 12 de maio imos presentar o novo título de Urco Editora, O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños. Os seus autores, Fernando Cimadevila e Ivan Valladares, apostan porque este sexa o primeiro dunha serie de volumes que narren as aventuras do profesor Basilius Hoffman, historiador e arqueólogo que se embarcará nunha viaxe fantástica na procura do Diario do Cartógrafo. Nesta obra as aventuras están garantidas.

O seguinte 12 de maio terá lugar a presentación no Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche (Frei Rosendo Salvado 14-16) ás 20 hrs., en Compostela, como se pode ver na páxina da saga que xa está en funcionamento. Esperamos vervos a todos por alí, logo.