Carmiña Burana 1st Abril 2011 – Posted in: Alcaián, Novidades

Este ano, como vén sendo tradición, imos participar no Achegarte os días sábado 2 e domingo 3 de abril e teremos unha presentación dentro do mesmo para dar a coñecer a nosa Colección Alcaián, o sábado 2 ás 20:00 hrs na Sala de Conferencias. Aproveitando este acto, vimos de sacar o terceiro título dentro da mesma. Trátase de Carmiña Burana de Santiago Bergantinhos, unha novela na que descubrimos que a realidade é moito máis complexa do que semella e que o que somos quen de percibir non é todo o que existe.

“Nunha lóbrega Compostela unha estudante vive co seu mozo, de quen comeza a sospeitar que puidese ser alguén que ela non cría que fose. A súa curiosidade ha levala a saber o que seica non quería chegar a coñecer, e que o mundo no que vive na realidade non coñece piedade ningunha.”

Feliz lectura e esperamos a vosa visita no Achegarte!

P.D. O autor de Carmiña Burana, Santiago Bergantinhos, creou un blogue no que poderedes ver información adicional e textos que irán completando a súa novela. Non volo perdades.