Cambio d'”A casa no confín” 6th Xullo 2010 – Posted in: Mundo editorial, Novidades
Bos días!
Como lembraredes, tivemos un problema coa impresión d’A casa no confín e decidimos esperar un pouco para podérmolo imprimir en Sacauntos.
Finalmente, o título está listo, con todas as emendas correspondentes e impreso na nosa casa. Todos os subscritores recibiredes o título nos próximos días como vén sendo costume. Aqueles lectores que mercarades esta obra na Feira do Libro de Compostela ou noutro punto de venda, podedes pasar polo noso local para cambiar o exemplar sen costo ningún ou ben poñervos en contacto connosco no noso enderezo electrónico de contacto: info(en)urcoeditora. com
Unha vez máis, pedímosvos unha desculpa por este inconveniente e esperamos que poidades gozar desta obra como merecedes.
Un saúdo e feliz lectura!