Presentación de Módicos 8th Xuño 2010 – Posted in: Mundo editorial, Novidades
Aínda vos debiamos unhas fotos da presentación que tivemos hai un par de semanas da nosa nova aposta de distribución vía internet: Módicos. A verdade é que quedamos moi satisfeitos, sobre todo porque puidemos conversar con algúns de vós e tomarnos unhas cañas falando do futuro da nosa editorial e do que pensades ao respecto. Na presentación participaron Moisés Barcia de Rinoceronte, Txiki Calvo da Toupa e Tomás González de Urco. Tamén estiveron por alí Paco Macías de Positivas e Antón Lado de 2.0, as outras dúas editoriais que emprenden esta aventura connosco.
A presentación foi curtiña e simplemente compartimos o noso novo modelo de distribución feito a medida para estes libriños que acaban de ver a luz. O deseño será compartido polas catro editoriais, así como tamén o prezo: € 9,9. A distribución farase só a través da internet, na páxina da Toupa. Todo está pensado para aforrarvos custes e brindarvos todas as facilidades no momento da vosa compra.
Agora a cuestión é, o que vos parece a vós? Mentres esperamos as vosas respostas, deixámosvos unhas fotos da presentación de Módicos.
Un saúdo!