Módicos 22nd Maio 2010 – Posted in: Mundo editorial, Novidades
A parcelaria chega á edición galega
Preséntase unha nova colección común a varias editoriais
O martes día 25 ten un lugar un acontencemento novidoso no crecente minifundio do panorama editorial galego, xa que por primeira vez preséntase unha colección nutrida con obras de distintas editoras. Ás 19:00 farase a presentación oficial da colección Módicos na galería Sargadelos de Santiago. Os Módicos comparten deseño común (aínda que sobre a base do logo de cada editora) e un prezo único de 9,90 euros. A comercialización farase exclusivamente a través de internet, na web toupa.net. As editoriais que impulsan a colección Módicos son Rinoceronte, Urco, Positivas e 2.0. Os títulos das dúas primeiras estarán dispoñibles xa dende o primeiro momento, e os de Positivas e 2.0 incorporaranse en poucas semanas.