Presentación de Módicos 21st Maio 2010 – Posted in: Mundo editorial, Novidades

Boas:

temos o honor de convidarvos á presentación de Módicos, un selo de libros de peto a un prezo moi baixo no que Urco Editora vai participar xunto a Rinoceronte Editora e, nun futuro, outras editoriais amigas. Todo isto grazas ao apoio que nos presta Toupa.net. A presentación será este martes 25 de maio ás 19:00 hrs. na Galería de Sargadelos. Estamos moi ilusionados co proxecto e cremos que será moi interesante tamén para todos vós.

Esperamos poder contar coa vosa presenza e compaña.

Un saúdo e até o martes!