Urco Editora na Feira do Libro de Compostela 30th Abril 2010 – Posted in: Miscelánea

Como sabedes, mañá comeza, un ano máis, a Feira do Libro de Santiago de Compostela e Urco Editora vai estar presente por primeira vez nesta edición. Imos ter á venda todos os nosos libros, incluídas as tres novidades que publicamos hai uns días. Tamén teremos á vosa disposición unhas láminas d’O Corvo que, estamos seguros, quedarían xeniais nas vosas casas. E, como sempre, haberá algunha outra sorpresa nesta semana dedicada ao libro.

Esperamos a vosa visita pola Alameda e non deixedes pasar esta ocasión para mercardes uns cantos títulos, que o verán se achega e a praia non se goza igual sen un bo libro a man.

Vémonos por alí, logo!