A princesa e o trasno – George MacDonald 2nd Novembro 2009 – Posted in: Mundo editorial, Novidades

capa_macdonald

Estreamos a nosa liña de fantasía en formato grande con A princesa e o trasno, unha novela do autor escocés George MacDonald.

A princesa e o trasno é un dos pouco coñecidos alicerces da literatura fantástica moderna escrita en forma de conto de fadas. Entre os herdeiros da narrativa de MacDonald cabe destacar a Tokien e a C.S. Lewis, grandes figuras da fantasía do século XX que lle deben non pouco aos escritos do autor escocés. Trátase dunha novela par todos os públicos, tanto nenos como adultos, aínda que, como ocorre con outras obras como as de Lewis Carrol, está preñada de simbolismos e segundas lecturas que fan que o lector adulto ache na lectura das súas páxinas un intenso pracer, amplificado polas fermosas ilustracións de Arthur Hughes que se reproducen nesta edición.

Ficha técnica:

Título: A princesa e o trasno

Autor: George MacDonald

Tradutor: Xabier Cid

Colección: Fantasía

ISBN: 978-84-937142-5-3

Nº de páxinas: 210

Formato: 230x153mm

PVP: 15.95€

Distribúe: Consorcio editorial galego.

Tamén se pode mercar en liña a través da seguinte ligazón: http://gzfriki.com/index.php?main_page=product_info&cPath=5_8&products_id=123