A Praga Escarlata – Jack London 14th Xullo 2009 – Posted in: Novidades

Retomamos a nosa liña de narrativa despois dun longo tempo de silencio con A Praga Escarlata, un relato postapocalíptico de Jack London, ilustrado por Gordon Grant.

capa_londonNun futuro non moi afastado a humanidade vese arrasada por unha praga mortal. Os poucos superviventes viven nun estadio primitivo, como hai miles de anos. O profesor James Howard Smith é o único que queda vivo dos poucos que sobreviviron á praga, e na súa vellez conta aos seus netos como foi a caída da civilización por mor da Praga Escarlata.

A pólvora chegará. Ninguén poderá paralo… a mesma vella historia repetida unha e outra vez. Os homes aumentarán en número e loitarán entre eles. A polvora permitirá aos homes matar millóns, e só deste xeito se desenvolverá algún día remoto unha nova civilización. E que teremos gañado? Igual que a vella civilización caeu, esta tamén o fará. Pode que se precisen cincuenta mil anos para construíla, mais todo acaba. Todas as cousas acaban…

Datos do libro:

Título: A praga escarlata

Autor: Jack London

Ilustrador: Gordon Grant

Tradutor: Tomás González Ahola

Deseño e maquetación: Paulo Rico Painceiras

Revisión: Henrique González Martínez

Nº de páxinas: 128

PVP: 12,95€

ISBN: 978-84-937142-2-2

Distribúe: Consorcio Editorial Galego

Compra en liña dispoñíbel en: http://gzfriki.com/index.php?main_page=product_info&cPath=5_8&products_id=120