Urco estrea oficina 4th Setembro 2008 – Posted in: Miscelánea

Mañá venres día 5 de setembro ás 20:30h estades todos convidados á inauguración da nova oficina de Urco Editora, na rúa Santa Uxía de Ribeira número 2, baixo. A reforma foi un  traballo longo e pesado, que nos levou todo o verán pero que levamos adiante nós mesmos. Agardamos que agora que comezaremos a ter horarios de xente normal poidamos avanzar máis no traballo, actualizar este blogue con regularidade e montar a tenda en liña que hai un par de meses que temos aparcada.

O dito, estades convidados todos aqueles amigos de Urco que vos queirades pasar. Haberá polbo, cacheira, pementos de padrón e petiscos variados, ben regado todo con viño e cervexa.

Saúde a todos!