Misión cumprida! 4th Xuño 2008 – Posted in: Miscelánea, Mundo editorial, Novidades

Despois de dúas semanas de duro choio por fin podemos dicir: misión cumprida! Queda fechada a distribución das novidades en todos os nosos puntos de venda. Mais temos que expresar o noso máis sincero agradecemento a dous compañeiros indispensábeis: O primeiro deles, o Urcomóbil, que aínda que un tanto mentirán (en Vigo dicía que tiña combustíbel até que nos deixou tirados na rúa de Venezuela) é un marabilloso compañeiro de fatigas. O segundo dos nosos amigos fieis é o que hoxe vimos de bautizar como “espabiloso”, unha PDA que nos serve como navigador GPS (cando non lle dá por mandarnos atravesar un edificio da Coruña ou cousas similares) e como sistema para levar ao día entregas, liquidacións, albaráns etc.

Até dentro dun mes Urco non volverá saír ás estradas galegas, mais continuaremos como sempre, ao pé do canón!

urcomobil.jpg

Velaquí unha imaxe do Urcomóbil, e semella limpo e todo! 🙂