Urcocolantes. Proximamente no teu PC ou na túa casa 18th Abril 2008 – Posted in: Merchandising, Software Libre

pegatas.pngOs últimos días estivemos facendo algo de traballo gráfico para merchandising e naceron os Urcocolantes, que enviaremos aos nosos subscritores como agasallo nos seguintes envíos. Tamén os poremos ao dispor de todo o mundo para que os descargue quen queira, pero con calma, que estamos até arriba de choio. A idea era facer algo divertido e un pouco gamberro, xogando cos deseños das nosas liñas editoriais e coa idea do software libre. E isto foi o que saíu, esperemos que sexan do voso agrado.

Temos que agradecer a Factoría de Tux os seus magníficos deseños do pingüín máis famoso do mundo. En total temos 56 deseños organizados en 4 categorías, así que temos abondo para amolar aos nosos subscritores durante unha boa tempada. Ah, e en breve tamén virán os marcapáxinas.