Tom, Huck e o misterio da Trabe de Ouro Alex Bayorti

Este libro resultou gañador da XV edición do premio “Antón Avilés de Taramancos” de relato de aventuras.

Houbo un tempo en que a herba era máis verde, a luz máis clara e viviamos rodeados de amigos. Do mesmo xeito, Tom soñaba cada noite con aquel lugar sen horas onde era eternamente feliz coa súa benquerida Becky… e con Huck… que pasou con Huck?

A miles de quilómetros do seu fogar, nalgún lugar onde bate o nordés e sempre chove, o eco dunha lenda fai espertar arelas esquecidas no maxín de Tom, deprimido e abandonado de si mesmo. Se cadra esa é a oportunidade para abrir unha porta de volta cara a aquel mundo de tanto tempo atrás, na ribeira dun río sen fin.

A fin de contas, nada ten que perder.

→ Este volume está disponíbel para empréstimo gratuíto na biblioteca dixital da Xunta de Galicia, GaliciaLe, para ler no teu software de libro electrónico favorito (ainda que nós recomendamos o PocketBook, que reproduce correctamente a tipografía e maqueta).

…ou, xa sabes, podes comprar a versión física do libro como sempre:

10,00 

Product ID: 2634 Categoría: Etiquetas: , , , ,
Título

Tom, Huck e o misterio da Trabe de Ouro

Colección

Xuvenil

Autor Alex Bayorti
Nº de páxinas

126

Formato

130x195mm

ISBN

978-84-15699-99-6

Prezo

10€