A simetría das bestas Alberto Ramos

Caridad Verdet, a protagonista de A simetría das bestas, non foi quen de ler os proídos, a fatiga, a furia dos músculos. Tampouco a dor nas articulacións. Nin sequera a asfixia que a agardaba nos banzos. A doenza terminal que sufre chegoulle como a brisa antes da treboada.

Cando lle descifraron o enigma da súa xenética, non deu en chorar nin rebordou de rabia. Non perdeu o tempo en relearlle á esperanza e evitou afanarse na protesta. Só cavilou sobre as súas forzas e preguntouse se, por baixo da carne, agocharía a vontade precisa para rematar con todo antes de ser presa dos coidados.

A simetría das bestas, obra de corte filosófico que concede un espazo de dignidade á imperfección, á diferenza e á marxinalidade, destaca polo seu simbolismo e bo manexo dos recursos narrativos, así como pola potencia literaria da súa protagonista.

→ Este volume está disponíbel para empréstimo gratuíto na biblioteca dixital da Xunta de Galicia, GaliciaLe, para ler no teu software de libro electrónico favorito (ainda que nós recomendamos o PocketBook, que reproduce correctamente a tipografía e maqueta).

…ou, xa sabes, podes comprar a versión física do libro como sempre:

17,00 

Product ID: 2932 Categoría: Etiquetas: ,
Autor Alberto Ramos
Colección

Urco

Formato

153x230mm

ISBN

978-84-948755-1-9

Nº de páxinas

170

Prezo

17

Título

A simetría das bestas