Biblioteca Lovecraft 9. O terror sobrenatural na literatura H.P. Lovecraft , ,

, ,

O terror sobrenatural na literatura, noveno volume da nosa “Biblioteca Lovecraft” é unha desas obras indispensábeis que todo amante da literatura terrorífica e sobrenatural debera ter nos seus andeis

Nela Lovecraft desprega uns amplos coñecementos da historia do xénero e expón cales son as súas visións sobre uns e outros autores e correntes, desde as orixes do conto preternatural até os seus contemporáneos de comezos do século XX. De lectura amena e áxil, conta cun extenso repositorio de referencias bibliográficas, moitas delas caídas no esquecemento a día de hoxe, polo que constitúe unha obra de enorme interese para o lector afeccionado, o especialista e o escritor na procura de inspiración.

→ Este volume forma parte da Biblioteca Lovecraft Dixital, onde tes ao teu dispor a nosa edición da obra completa do Solitario de Providence de forma gratuíta en formato ePub, para ler no teu lector de libro electrónico favorito (ainda que nós recomendamos o PocketBook, que reproduce correctamente a tipografia e maqueta).

…ou, xa sabes, podes comprar a versión física do libro como sempre:

14,00 

Product ID: 1868 Categorías: , , Etiquetas: , , ,
Título

O terror sobrenatural na literatura

Colección

Gótica

Autor H.P. Lovecraft
Tradutor

Tomás González Ahola

Nº de páxinas

150

Formato

133x210mm

ISBN

978-84-15699-05-7

Prezo

14€