Cart 0
urco-capa-gargolas-1

O escultor de gárgolas e outras historias de Averoigne Clark Ashton Smith ,

Averoigne é a típica provincia francesa medieval: Ten grandes fragas sombrizas, unha catedral gótica na que sobrancean as gárgolas, mosteiros beneditinos agochados en lugares inaccesíbeis e, por riba de todo, moitas lendas e historias a medio contar. Clark Ashton Smith aproveita este pintoresco pano de fondo para desenvolver unha serie de relatos fabulosos, que mesturan elementos do conto exemplar, a narrativa de terror truculento e o xénero pulp. Polas súas páxinas desfilan feiticeiras e feiticeiros, súcubos e íncubos, cadáveres animados e bispos nigromantes, todo un bestiario medieval co seu catálogo inesgotábel de paixóns, virtudes e vicios, que ao mesmo tempo se artella nunha armazón perfectamente equilibrada entre o sobrenatural e o puramente terreal.

16,00 

Product ID: 2599 Categories: , . Tags: , .

Clark Ashton Smith

Título

O escultor de gárgolas e outras historias de Averoigne

Colección

Tradución

Autor Clark Ashton Smith
Tradutor

Tomás González Ahola

Nº de páxinas

194

Formato

153x230mm

ISBN

978-84-15699-93-4

Prezo

16€