Cart 0
O Corvo

O Corvo (segunda edición) Edgar Allan Poe ,

O Corvo, escrito en 1845, é sen dúbida a composición poética máis coñecida de Edgar Allan Poe. O poema narra en 18 estrofas a angustia do protagonista pola perda da súa amada Lenore, representada alegoricamente por un vello corvo que repite constantemente a palabra nevermore, ‘nunca máis’. As características formais do poema, cargado de aliteracións e rimas internas, únense á representación dun espazo romántico, decadente e intemporal para representar a angustia, o desespero e a loucura.O poema deu lugar a múltiples adaptacións en diferentes medios artísticos, entre as que se pode destacar a do capítulo “Treehouse of Horror I” da serie de animación estadounidense The Simpsons, ou a canción “The Raven” do grupo The Alan Parson’s Project, incluída no álbum dedicado a Poe Tales of Mystery and Imagination.
A presente edición reproduce as famosas ilustracións de Gustav Doré (1832-1883) para a edición de Harper & Brothers Publishers, de 1884.

10,00 

Product ID: 1847 Categories: , . Tags: , .

Edgar Allan Poe

Título

O Corvo (segunda edición)

Colección

Gótica

Autor Edgar Allan Poe
Tradutor

Tomás González Ahola

Nº de páxinas

50

Formato

200x200mm

ISBN

978-84-939554-0-3

Prezo

10€