Saturno tamén é deus Uxía Casal Silva

Nos catorce relatos que compoñen Saturno tamén é deus o descoñecido, a angustia, o medo e mesmo a morte aparecen como un elemento común, que asume unha condición protagónica e activa, con tal poder que son quen de converter os seres humanos en meros instrumentos dun xogo no que camiñan ás cegas polo fío que separa a loucura da cordura.

Catorce relatos de medo nos que a ben dosificada intriga ofrece unha conclusión sorprendente e inesperada que manterá a quen os lea coa sensación de non poder desprenderse deles.

Esta nova edición, que ve a luz 20 anos despois da primeira, inclúe, a maiores dunha coidadosa revisión da propia autora, un novo relato: «O pequeno Mario».

→ Este volume está disponíbel para empréstimo gratuíto na biblioteca dixital da Xunta de Galicia, GaliciaLe, para ler no teu software de libro electrónico favorito (ainda que nós recomendamos o PocketBook, que reproduce correctamente a tipografía e maqueta).

…ou, xa sabes, podes comprar a versión física do libro como sempre:

13,00 

Product ID: 2837 Categoría: Etiquetas: , , ,
Título

Saturno tamén é deus

Colección

Alcaián

Autor Uxía Casal Silva
Nº de páxinas

168

Formato

133x210mm

ISBN

978-84-15699-48-4

Prezo

13€