Cart 0
Capa Hostal Norte

Hostal Norte Xosé Duncan

Unha fuxida, ás veces, non é máis que unha carreira frenética que tenta afastarnos de nós mesmos. Sabemos do que queremos escapar mais case nunca estamos seguros de até onde nos levará.
Brais marcha da casa dos seus pais e chega ao Hostal Norte, onde o agarda un amigo que prometeu axudalo a comezar unha nova vida. Porén, á súa chegada ao hostal as cousas torceranse e nada sairá como el esperaba, nada é o que parece ser.
Seis cuartos, seis vidas completamente diferentes que conforman, ao seu xeito, un universo único que, aos poucos, irase apoderando da cordura de Brais. Seis hóspedes que tecerán a arañeira dos recordos que tentou deixar atrás, agochados no fondo da súa mente e que, de deixalos saír, conducirano ao máis horríbel dos destinos.

12,00 

Product ID: 1836 Category: . Tags: , , .

Xosé Duncan

Unha fuxida, ás veces, non é máis que unha carreira frenética que tenta afastarnos de nós mesmos. Sabemos do que queremos escapar mais case nunca estamos seguros de até onde nos levará.
Brais marcha da casa dos seus pais e chega ao Hostal Norte, onde o agarda un amigo que prometeu axudalo a comezar unha nova vida. Porén, á súa chegada ao hostal as cousas torceranse e nada sairá como el esperaba, nada é o que parece ser.
Seis cuartos, seis vidas completamente diferentes que conforman, ao seu xeito, un universo único que, aos poucos, irase apoderando da cordura de Brais. Seis hóspedes que tecerán a arañeira dos recordos que tentou deixar atrás, agochados no fondo da súa mente e que, de deixalos saír, conducirano ao máis horríbel dos destinos. Unha historia de terror.

Título

Hostal Norte

Colección

Alcaián

Autor Xosé Duncan
Nº de páxinas

138

Formato

133x210mm

ISBN

978-84-15699-55-2

Prezo

12€