Cart 0
Galiza Mutante. Poder Nuclear!

Galiza Mutante: Poder Nuclear! Tomás González Ahola , , ,

Este libro é o primeiro experimento de edición conxunta de Urco Editora e Contos Estraños. Un proxecto que non sabemos como acabará, se con grandes éxitos ou con importantes altercados.

16,00 

Tomás González Ahola

Moitas xeracións pasaron desde aquel aciago día en que o Froilán, o Santo Vingador, baixou dos ceos para alagar co lume purificador as cidades pecaminosas da Xente Vella. Agora, a vida retornou á terra fértil que se estende desde os Montes Áncaros até o Mar da Fin do Mundo e a semente dunha nova civilización agroma en Cmph’sthulhu, a Cidade dos Sete Círculos. Mais a sombra dun perigo álzase nas marcas distantes e descoñecidas do nordés, e tamén aniña nos corazóns dos cobizosos que se agochan dentro dos muros da urbe.
O Pastor, Rocho, Holifoz e Costenla, catro mutantes acabados de chegar a Cmph’sthulhu, terán que enfrontarse aos máis estraños perigos na que será a aventura da súa vida, na que se cruzarán cos máis variopintos personaxes, como o capitán Xacho-beu, os Sete Bispos Mutantes e outros moitos enxendros nacidos deste novo e delirante mundo.

Título

Galiza Mutante: Poder Nuclear!

Colección

Galiza Mutante

Autor Tomás González Ahola
Nº de páxinas

320

Formato

153x230mm

ISBN

978-84-940935-1-7

Prezo

16€