Cart 0
50 anos de contos cubanos de ciencia ficción.

Crónicas do mañá: 50 anos de contos cubanos de ciencia ficción José Miguel Sánchez "Yoss" (antologador) ,

Crónicas do mañá serve como un xeito de achegarse a un xénero que desde fóra de Cuba non é tan recoñecido como debería, eclipsado ante outras manifestacións literarias que deron á illa moito máis renome. Porén, o lector quedará convencido ao ler esta selección de que a literatura cubana ten aínda moito por ofertar.

18,00 

Product ID: 1830 Categories: , . Tags: , , .

Varios autores – Antologados por Yoss

Esta escolma, realizada por José Miguel Sánchez «Yoss», un dos principais representantes da literatura de Ciencia Ficción na Cuba contemporánea, pretende achegar ao lector medio século de literatura cubana do xénero a través dos mellores contos provenientes da illa. Partindo de 1959 coa Revolución Cubana, que abriu as portas a unha nova xeración de creadores influenciados polos autores máis recoñecidos da primeira metade do século XX, faise un percorrido cronolóxico dos diversos escritores que foron deixando o seu aporte persoal a esta rica tradición, pasando por todos os subxéneros imaxinábeis e todas as temáticas que cincuenta anos poden dar de si.
Crónicas do mañá serve como un xeito de achegarse a un xénero que desde fóra de Cuba non é tan recoñecido como debería, eclipsado ante outras manifestacións literarias que deron á illa moito máis renome. Porén, o lector quedará convencido ao ler esta selección de que a literatura cubana ten aínda moito por ofertar.
Título

Crónicas do mañá: 50 anos de contos cubanos de ciencia ficción

Colección

Ciencia Ficción

Autor José Miguel Sánchez "Yoss" (antologador)
Nº de páxinas

391

Formato

153x230mm

ISBN

978-84-938121-0-2

Prezo

18€