Biblioteca Lovecraft 7. Contos do Ciclo do Soño H.P. Lovecraft , ,

, ,

Normalmente chámaselle “contos do ciclo do soño” a aquela historias de H.P. Lovecraft comprendidas entre a súa etapa máis temperá, a dos “contos macabros”, inspirada por Poe e toda a tradición romántica norteamericana, e o seu apoxeo como escritor, que lle veu co denominado “ciclo de Cthulhu”.

Estes contos, breves case todos eles, destilan unha enorme inspiración dunsanyniana, onde xa se advirte unha sensibilidade especial polo terror cósmico, que culminará nos antes amentados mitos de Cthulhu.

As paisaxes oníricas salpicadas de horrores inexplicábeis e o ton poético lévannos a un outro mundo, onde a única fronteira é a nosa imaxinación, ou o limiar dos medos que asexan tras do mundo da vixilia.

→ Este volume forma parte da Biblioteca Lovecraft Dixital, onde tes ao teu dispor a nosa edición da obra completa do Solitario de Providence de forma gratuíta en formato ePub, para ler no teu lector de libro electrónico favorito (ainda que nós recomendamos o PocketBook, que reproduce correctamente a tipografia e maqueta).

…ou, xa sabes, podes comprar a versión física do libro como sempre:

14,00 

Product ID: 1828 Categorías: , , Etiquetas: , , ,
Título

Contos do Ciclo do Soño

Colección

Gótica

Autor H.P. Lovecraft
Tradutor

Tomás González Ahola

Nº de páxinas

233

Formato

133x210mm

ISBN

978-84-15699-07-1

Prezo

14€