Título | Contos de Ciencia Ficción volume I |
---|---|
Colección | Ciencia Ficción |
Autor | Jack London |
Nº de páxinas | 165 |
Formato | 133x210mm |
ISBN | 978-84-15699-09-5 |
Prezo | 14€ |
Contos de Ciencia Ficción volume I Jack London Ciencia Ficción, Tradución
Ciencia Ficción, TraduciónAínda que Jack London sexa coñecido principalmente polas súas novelas de aventuras, a miúdo ambientadas no seu ben coñecido mundo dos buscadores de ouro, na súa breve traxectoria vital destacan importantes traballos no eido da ficción científica, como The Star Rover, A praga escarlata ou O talón de ferro (as dúas últimas publicadas nesta mesma colección).
Aquí presentamos unha escolma de relatos que xiran arredor desta temática, sempre baixo o prisma do autor californiano, a quen, dalgún xeito, podemos considerar como un dos precursores da chamada “ficción científica social” ou mesmo da “ficción científica política”. O ton xeral das súas historias, máis que de aventura, é de reflexión sobre o negro futuro que agarda pola humanidade de non frear o avance do capitalismo. Hoxe máis que nunca, non podemos deixar de darlle a razón e de aprender das súas sabias e premonitorias palabras.
…ou, xa sabes, podes comprar a versión física do libro como sempre:
14,00 €