Contos de Ciencia Ficción volume I Jack London ,

,

Aínda que Jack London sexa coñecido principalmente polas súas novelas de aventuras, a miúdo ambientadas no seu ben coñecido mundo dos buscadores de ouro, na súa breve traxectoria vital destacan importantes traballos no eido da ficción científica, como The Star Rover, A praga escarlata ou O talón de ferro (as dúas últimas publicadas nesta mesma colección).
Aquí presentamos unha escolma de relatos que xiran arredor desta temática, sempre baixo o prisma do autor californiano, a quen, dalgún xeito, podemos considerar como un dos precursores da chamada “ficción científica social” ou mesmo da “ficción científica política”. O ton xeral das súas historias, máis que de aventura, é de reflexión sobre o negro futuro que agarda pola humanidade de non frear o avance do capitalismo. Hoxe máis que nunca, non podemos deixar de darlle a razón e de aprender das súas sabias e premonitorias palabras.

→ Este volume forma parte da Biblioteca London Dixital, onde tes ao teu dispor a nosa edición da obra completa do autor de forma gratuíta en formato ePub, para ler no teu lector de libro electrónico favorito (ainda que nós recomendamos o PocketBook, que reproduce correctamente a tipografía e maqueta).

…ou, xa sabes, podes comprar a versión física do libro como sempre:

14,00 

Product ID: 1826 Categorías: , Etiquetas: , , ,
Título

Contos de Ciencia Ficción volume I

Colección

Ciencia Ficción

Autor Jack London
Nº de páxinas

165

Formato

133x210mm

ISBN

978-84-15699-09-5

Prezo

14€