Cart 0
Contos de amor, loucura e morte

Contos de amor, loucura e morte Horacio Quiroga ,

Visto desde Europa, semella que o contado por Horacio Quiroga neste libro acontece nun mundo fantástico, onde todo é, á vez, exuberante, ameazante e abraiante. Porén, ben pode ser que na Amazonía isto sexa, simplemente, a vida cotiá.

14,00 

Product ID: 1825 Categories: , . Tags: , .

Horacio Quiroga

Visto desde Europa, semella que o contado por Horacio Quiroga neste libro acontece nun mundo fantástico, onde todo é, á vez, exuberante, ameazante e abraiante. Porén, ben pode ser que na Amazonía isto sexa, simplemente, a vida cotiá.
Esta colección de relatos modernistas e realistas é un dos piares do conto contemporáneo e antecedente directo do que décadas máis tarde sería coñecido como «Real marabilloso». A morte, omnipresente na obra do uruguaio, a intensa relación coa natureza, a deshumanización do ser humano e a humanización da flora e fauna son só algúns dos trazos que caracterizan esta escolma de relatos. Un dos clásicos máis relevantes da literatura latinoamericana do século XX.
>Todo amante do relato curto, sexa gótico ou non, ten que ler esta obra e non perderse contos como «A galiña degolada», «O almofadón de plumas» ou «O mel silvestre», pequenas xoias da narrativa do século pasado.

Título

Contos de amor, loucura e morte

Colección

Gótica

Autor Horacio Quiroga
Tradutor

Rodrigo Vizcaíno

Nº de páxinas

294

Formato

133x210mm

ISBN

978-84-15699-01-9

Prezo

14€