Robert E. Howard
Aquí comeza a historia mítica de Conan de Cimmeria, pirata, ladrón, soldado de fortuna e unha infinidade de profesións máis.
Levado despois á banda deseñada e máis tarde ao cinema, Conan representa o estado esencial da humanidade, salvaxe e libre, fronte aos enganos da civilización. Neste volume preséntanse as primeiras cinco historias deste personaxe, segundo a cronoloxía interna da obra, e mais un ensaio sobre o seu mundo, a mítica era hyboriana.
Contidos:
A era Hyboriana (ensaio)
Deuses do norte
A torre do elefante
Ladróns na casa
Sombras no luar
O coloso negro