Título | Cando cae a luz |
---|---|
Colección | Alcaián |
Autor | María Canosa |
Nº de páxinas | 121 |
Formato | 133x210mm |
ISBN | 978-84-15699-97-2 |
Prezo | 13€ |
Cando cae a luz María Canosa Alcaián
Alcaián«Moitas veces ouvín dicir que os lobos non atacan as persoas. E isto non é certo», así dicía Ánxel Fole. Claro que, arredor dunha lareira, coas tebras da noite caendo sobre as costas, as lapas bailando na negrura e debuxando monstros na cara, as palabras dos relatos podían vestir de negro os pensamentos máis agochados. Naquela escena resultaba máis críbel e aterrador.
Noites de inverno nas que as palabras, o caldo e o viño quecían máis que o propio lume. Traballar pola fresca da mañá e xuntarse para falar ao cabo do día eran os fitos que marcaban o calendario. Falar. Comunicar. Transmitir. Compartir.
Os radiadores, a calefacción, quentaron os corpos e arrefriaron os corazóns.
Claro que os lobos seguen a existir. Non son tan doados de ver. Ocúltanse no monte e baixan silandeiros, en forma de sombras, ruídos, bicos traizoeiros, treboadas, badaladas…
…ou, xa sabes, podes comprar a versión física do libro como sempre:
13,00 €