Biblioteca Lovecraft 10. Alén do muro do soño e outros contos macabros H.P. Lovecraft , ,

, ,

Velaquí un Lovecraft novo, fresco, cargado de forza xuvenil que trae lembranzas dos grandes clásicos do xénero sobrenatural. Edgar Allan Poe, Arthur Machen, William Hope Hodgson, Lord Dunsany… podemos ouvir ecos de todos eles nos relatos que se recompilan neste volume, contos todos eles escritos entre 1917 e 1920. Achámosnos, daquela, nos primeiros traballos publicados do Solitario de Providence, moi debedores dos pioneiros que arriba mencionamos, mais nos que xa se ve ás claras o xermolo do grande narrador de pesadelos do século XX. As tumbas e as posesións fantasmais altérnanse con ese xa ben coñecido temor atávico ao mar, os cultos impíos, as civilizacións dun pasado inimaxinábel, as deidades das estrelas… Este libro supón unha pedra de toque, un punto de unión no que se equilibra, dunha banda, a tradición terrorífica do XIX e por outra, o novo terror materialista que o propio Lovecraft levou até as cotas máis elevadas.

→ Este volume forma parte da Biblioteca Lovecraft Dixital, onde tes ao teu dispor a nosa edición da obra completa do Solitario de Providence de forma gratuíta en formato ePub, para ler no teu lector de libro electrónico favorito (ainda que nós recomendamos o PocketBook, que reproduce correctamente a tipografia e maqueta).

Tamén podes descargar só un dos relatos deste volume en ePub, publicado na nosa colección eLibriscos: O Ancián Terríbel - un relato de H. P. Lovecraft (101 downloads) .

…ou, xa sabes, podes comprar a versión física do libro como sempre:

14,00 

Product ID: 2401 Categorías: , , Etiquetas: , , ,
Título

Alén do muro do soño e outros contos macabros

Colección

Gótica

Autor H.P. Lovecraft
Tradutor

Tomás González Ahola

Nº de páxinas

180

Formato

133x210mm

ISBN

978-84-15699-31-6

Prezo

14€