Título | A sombra sobre Innsmouth e O que asexa na escuridade |
---|---|
Colección | Gótica |
Autor | H.P. Lovecraft |
Tradutor | Tomás González Ahola |
Nº de páxinas | 180 |
Formato | 133x210mm |
ISBN | 978-84-939554-9-6 |
Prezo | 14€ |
Biblioteca Lovecraft 4. A sombra sobre Innsmouth e O que asexa na escuridade H.P. Lovecraft Biblioteca Lovecraft, Gótica, Tradución
Biblioteca Lovecraft, Gótica, TraduciónNeste cuarto volume da Biblioteca Lovecraft presentamos dúas historias máis do chamado «Ciclo de Cthulhu», o conxunto de narracións máis tardías e máis coñecidas do autor de Providence.
A primeira historia que se inclúe, A sombra sobre Innsmouth, é unha das novelas curtas máis coñecidas e admiradas do autor, e versa sobre os Profundos, esas criaturas adoradoras de Cthulhu e Dagon, que mesturan o seu sangue co dos humanos nas costas máis isoladas e recónditas do mundo.
O segundo conto deste volume, O que asexa na escuridade, é unha secuela de The Shambler from the Stars, de Robert Bloch, quen á súa vez escribiu unha terceira historia máis tarde continuando a de Lovecraft, titulada The Shadow from the Steeple.
Ambas as dúas constitúen un anaco fundamental dos alicerces da literatura de suspenso e terror do século XX, co que merecían formar parte desta colección que pretende traer o mellor da narrativa lovecraftiana á lingua galega.
…ou, xa sabes, podes comprar a versión física do libro como sempre:
14,00 €