Biblioteca Lovecraft 8. A procura soñada de Kadath a Descoñecida H.P. Lovecraft , ,

, ,

Coa publicación de A procura soñada de Kadath a descoñecida chegamos ao oitavo volume da Biblioteca Lovecraft, colección que pretende traer o mellor da narrativa lovecraftiana á lingua galega.

H.P. Lovecraft escribiuna en 1926, mais foi publicada pola primeira vez seis anos logo do seu falecemento. Trátase do texto de maior extensión do “ciclo do soño” e nela atopamos un dos personaxes recorrentes do autor de Providence: o anticuario e antigo estudante da Universidade de Miskatonic Randolph Carter quen, mergullado nun mundo onírico e por veces alucinante, percorrerá escenarios dun universo alternativo como a cidade de Ulthar, o porto de Dylath-Leen ou o cumio do Ngranek, que se ergue na illa de Oriab e se verá rodeado de personaxes como os zoogs do Bosque Encantado ou os perversos shantaks.

→ Este volume forma parte da Biblioteca Lovecraft Dixital, onde tes ao teu dispor a nosa edición da obra completa do Solitario de Providence de forma gratuíta en formato ePub, para ler no teu lector de libro electrónico favorito (ainda que nós recomendamos o PocketBook, que reproduce correctamente a tipografia e maqueta).

…ou, xa sabes, podes comprar a versión física do libro como sempre:

14,00 

Product ID: 1807 Categorías: , , Etiquetas: , , ,
Título

A procura soñada de Kadath a Descoñecida

Colección

Gótica

Autor H.P. Lovecraft
Tradutor

Tomás González Ahola

Nº de páxinas

202

Formato

133x210mm

ISBN

978-84-15699-11-8

Prezo

14€