Cart 0

Planilandia 5th Maio 2008 – Posted in: Novidades

Clásico entre os clásicos, Planilandia de Edwin A. Abbott está no Olimpo das obras pioneiras da sci-fi moderna. Mais non conta unha historia sobre viaxes a outros planetas, invasións alieníxenas nin máquinas do tempo; trátase da historia dun Cadrado, si, un Cadrado que vive en Planilandia e que ten a fortuna (ou desgraza) de coñecer o mundo das tres dimensións (o noso mundo). Aínda que en principio poida semellar un simple libro de divulgación matemática…

Continue reading

Descarga de Sleepy Hollow! 28th Abril 2008 – Posted in: Libros libres, Novidades, Software Libre

O prometido é débeda, e como non queremos quedar de mentireiros, velaquí está o primeiro “libro liberado” de Urco Editora: Sleepy Hollow e outros relatos, de Washington Irving. Como xa comentamos en anteriores posts, agora mesmo non temos tempo a actualizar a nosa web, logo de momento o documento quedará colgado no blogue á espera de que fagamos unha sección de descargas decente na nosa páxina. O libro vai en formato de texto plano e…

Continue reading

Estreamos blogue 2nd Abril 2008 – Posted in: Miscelánea

Urco Editora estrea blogue na blogaliza! Nel pretendemos ir informando periodicamente das nosas novas publicacións e das novas relacionadas co mundo da edición en galego, o mundo da fantasía, a ciencia ficción e o terror, e do software libre. Mil grazas a Goretoxo pola axuda!

Continue reading