Cart 0

Os libros de Urco Editora están distribuídos polo Consorcio Editorial Galego en practicamente todas as librarías do país. Se non atopas algún dos nosos libros na tua libraría, pídello ao teu libreiro, que contactará coa distribuidora para cho servir nun prazo moi breve.

Se prefires mercar os libros en liña e recibilos no teu domicilio cos gastos de envío de balde tamén o podes facer a través deste web, empregando o carriño da compra.

Se es libreiro, precisas algún libro do noso catálogo e non traballas coa nosa distribuidora, ponte en contacto connosco no correo info  [arronba] urcoeditora.com ou no teléfono 981 576 883.

Finalmente, lembra que temos un servizo de novidades ao que te podes subscribir, e co que recibes os libros con desconto e gastos de envío de balde!