Cart 0
Continue reading...

Almuric

O mes pasado prometiamos máis Robert E. Howard; e aquí temos Almuric, unha novela a medio camiño entre a Fantasía Épica e a Space Opera que se atopa entre o mellor da narrativa do creador de Conan.

Continue reading

Tenda en liña!

Xa temos en marcha a nosa tenda en liña — está perfectamente integrada coa nosa web, de xeito que simplemente consultando o catálogo podes engadir a un carriño da compra os libros que desexes e pagar con PayPal ou tarxeta de crédito. Enviámosche os libros ao enderezo que nos digas cun custo baixo. Lembra, coma sempre, que temos un programa de novidades ao que te podes subscribir: recibes os nosos libros na túa casa cun…

Continue reading

Presentación da Biblioteca Lovecraft

Como xa sabedes, recentemente publicamos o primeiro volume da obra completa de H.P. Lovecraft, o autor de Providence creador dun xénero de ciencia ficción cósmica e materialista que tivo innúmeros seguidores. O vindeiro 29 de Xullo ás 22:00, en colaboración coa Sociedade Lovecraft da Galiza, presentaremos no Centro Social O Pichel os volumes 2 e 3 da Biblioteca, que conterán as historias “O Horror de Dunwich”, “O que marmura na escuridade” e “Nas montañas da…

Continue reading

Actualización da subscrición no noso blogue

Para facilitarvos o proceso de subscrición á nosa editorial, neste blogue introducimos un novo formulario co que vos será moito máis fácil levar a cabo este pequeno trámite que é unha grande axuda para nós e o noso proxecto. Toda a información que nos proporcionedes a través do mesmo será tratada coa debida precaución, ao conter información privada, mais se de todos os xeitos preferidos subscribirvos a través doutra vía, podedes empregar calquera das vías…

Continue reading

Presentación de “Crónicas do mañá”

Onte, o mesmo 25 de novembro que no ano 1956 zarpaba o Granma de México co seu cargamento revolucionario cara a Cuba, presentamos na libraría Paz de Pontevedra a novidade de Urco Editora Crónicas do mañá: 50 anos de contos cubanos de ciencia ficción. Esta escolma, realizada por José Miguel Sánchez «Yoss», un dos principais representantes da literatura de Ciencia Ficción na Cuba contemporánea, pretende achegar ao lector medio século de literatura cubana do xénero a través…

Continue reading