Cart 0
o terror sobrenatural na literatura Continue reading...

A «Biblioteca Lovecraft» supera o seu ecuador cunha novela longa e un ensaio

Chegan ás librarías os volumes VIII e IX da «Biblioteca Lovecraft», cos títulos A procura soñada de Kadath a descoñecida e O terror sobrenatural na literatura A publicación da «Biblioteca Lovecraft» avanza inexorábel xa superado o seu ecuador. Deixamos atrás o chamado «Ciclo de Cthulhu», que se compón dos relatos e novelas curtas máis recentes e asemade máis coñecidos do autor de Providence. Logo, internámonos no «Ciclo do Soño», que fechamos co volume VIII: A…

Continue reading
Presentación de "A batalla por Avalon" Libraría Aenea Continue reading...

Presentación de “A batalla por Avalon” na libraría Aenea

A batalla por Avalon de Fernando M. Cimadevila, terceira entrega da serie de fantasía O mundo secreto de Basilius Hoffman, presentarase en Compostela o vindeiro xoves 26 de febreiro na libraría Aenea (Rúa Irmáns Rey Alvite, 5), ás 20:00. Contaremos coa presenza do autor e máis da ilustradora, Jara Zambrano, que asinarán exemplares e exporán o seu traballo. Sinopse de A batalla por Avalon: A illa da sabedoría atópase en perigo, a Irmandade de Avalon debe enfrontarse á súa…

Continue reading
cartaz presentación "A vitoria final" Continue reading...

Presentación de “A vitoria final” na libraría A Gata Tola

A vitoria final (‘Azken Garaipena’) de Julen Ribas e Iban Zaldua, banda deseñada gañadora do premio Euskadi de literatura xuvenil e publicada en galego por Urco Editora, será presentada en Compostela o próximo venres 13 de febreiro na libraría A gata tola (Romero Donallo, 9), ás 18:00. Sinopse de A vitoria Final: A tenente Sigrid Frisch devece polos cómics. Leos na comisaría de policía cando non ten outra angueira. Mais en poucas ocasións pode rematar…

Continue reading
A batalla por Avalon Continue reading...

O mundo secreto de Basilius Hoffman. A batalla por Avalon

A batalla por Avalon é a terceira e agardada entrega da serie de fantasía O mundo secreto de Basilius Hoffman, de Fermando M. Cimadevila. Neste terceiro volume continúan as aventuras do profesor Basilius Hoffman e do seu sobriño Peter, que deben unir as súas forzas coas dos membros da Irmandade de Avalon para defender a Illa da Sabedoría dun mal antigo que ameaza o mundo feérico e o dos humanos.   A serie O mundo…

Continue reading

Séchu Sende fala de “O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños”

Colamos aquí unha nota do noso amigo Séchu Sende sobre a novela “O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños”, de Fernando Cimadevila. Obrigadísimos, Séchu: Umhas palavras sobre O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños. por Séchu Sende a Sexta-feira, 12 de Agosto de 2011 às 12:25 Pois si. Acabo de ler O mundo secreto de Basilius Hoffman. Estou de parabéns! Tivem sorte. Passava pola feira do livro da Corunha e…

Continue reading

O mundo secreto de Basilius Hoffman

Seguindo coa nosa Colección Alcaián, o 12 de maio imos presentar o novo título de Urco Editora, O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños. Os seus autores, Fernando Cimadevila e Ivan Valladares, apostan porque este sexa o primeiro dunha serie de volumes que narren as aventuras do profesor Basilius Hoffman, historiador e arqueólogo que se embarcará nunha viaxe fantástica na procura do Diario do Cartógrafo. Nesta obra as aventuras están garantidas. O…

Continue reading

Carmiña Burana

Este ano, como vén sendo tradición, imos participar no Achegarte os días sábado 2 e domingo 3 de abril e teremos unha presentación dentro do mesmo para dar a coñecer a nosa Colección Alcaián, o sábado 2 ás 20:00 hrs na Sala de Conferencias. Aproveitando este acto, vimos de sacar o terceiro título dentro da mesma. Trátase de Carmiña Burana de Santiago Bergantinhos, unha novela na que descubrimos que a realidade é moito máis complexa…

Continue reading

Inauguramos a Biblioteca Lovecraft

Comprácenos comunicarvos que o primeiro título da nosa Biblioteca Lovecraft vén de ver a luz. Trátase d’A chamada de Cthulhu e contén seis relatos da primeira etapa deste autor que marcaron as pautas do mito que viría despois. Esperamos que gustedes deste primeiro volume tanto como nós. Toda mitoloxía ten uns alicerces e toda épica ten uns inicios, e o chamado “Ciclo de Cthulhu”, polifonía estridente e impía que desafía toda cordura, non podía ser…

Continue reading

Libriscos nos vosos locais composteláns

Nesta ponte de reis, Urco Editora e Edizer, en colaboración con diversos locais de Compostela (Café Bar O 13, Pub O Curruncho, As Dúas Café Bar, Ultramarinos, Medusa, Casa das Crechas e Bicoca) e a imprenta Sacauntos, poremos en circulación os Libriscos, a nosa nova iniciativa cultural para as vosas noites compostelás. A nosa intención é achegar ao público a lectura, como se dun petisco se tratase. De feito, estes oito libros serán postos aos…

Continue reading