Cart 0

Misión cumprida! 4th Xuño 2008 – Posted in: Miscelánea, Mundo editorial, Novidades

Despois de dúas semanas de duro choio por fin podemos dicir: misión cumprida! Queda fechada a distribución das novidades en todos os nosos puntos de venda. Mais temos que expresar o noso máis sincero agradecemento a dous compañeiros indispensábeis: O primeiro deles, o Urcomóbil, que aínda que un tanto mentirán (en Vigo dicía que tiña combustíbel até que nos deixou tirados na rúa de Venezuela) é un marabilloso compañeiro de fatigas. O segundo dos nosos…

Continue reading

Urco Editora no CSC Fontiñas 2nd Xuño 2008 – Posted in: Miscelánea, Mundo editorial

Hai un par de semanas dixéronnos que se nos interesaba dar unha pequena chapa no Centro Sociocultural de Fontiñas, co gallo dunhas xornadas de rol e estratexia. Nós dixemos que si, claro, e aló fomos. O problema é que o Tomás xa tiña outro compromiso con eles para facer unha pequena exhibición de esgrima antiga en nome da asociación Casco Vello. E claro, alén disto viñamos de distribuír Lugo, feitos un asco, e velaquí o…

Continue reading

Apadriña unha editora: Subscríbete a Urco 28th Maio 2008 – Posted in: Miscelánea, Mundo editorial

Como saberedes (ou non), un dos peares máis importantes grazas aos que pode funcionar Urco é ese grupo de persoas amábeis que decidiron subscribirse ás novidades da editora. Que como é iso de subscribirse? Pois é ben sinxelo. Cubres un formulario cos teus datos e inmediatamente pasas a formar parte dese exclusivo clube que forman os subscritores. A subscrición consiste en que recibes todas as nosas novidades comodamente no teu domicilio, gastos de envío pagos,…

Continue reading

Urco na TVG (Miraxes, 17 de Maio) 21st Maio 2008 – Posted in: Miscelánea, Mundo editorial

Velaquí está o vídeo dos urcoeditores na TVG. A verdade é que o traballo dos rapaces de Miraxes foi impecábel, só polo feito de comezar a reportaxe con imaxes de O Corvo de Roger Corman merecen un aplauso. Temos que agradecerlles tamén o trato que tiveron connosco e o feito de facilitárennos unha copia en DVD do programa. Grazas! [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/UJ_SILRloxk” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]

Continue reading

Os libreiros 8th Maio 2008 – Posted in: Miscelánea, Mundo editorial

Esta entrada vai dedicada a esa xente que fai posíbel que os nosos libros se vendan, que se vexan, a todos os que acolleron a nosa iniciativa con palabras de ánimo. Esta entrada vai dedicada aos libreiros, que non vendedores de libros, esa xente esquecida en moitas ocasións. A nosa mala experiencia coa distribución do noso primeiro título fíxonos tomar a decisión de non contratar intermediarios para facer chegar os nosos libros ás librarías. Foi…

Continue reading