Cart 0

Proximamente: O retrato de Dorian Gray

Despois dun retraso motivado por cuestións varias, entre elas a inminente apertura da nosa nova oficina, esperamos ter a seguinte novidade no prazo dun mes. Trátase da ben coñecida novela de Oscar Wilde O retrato de Dorian Gray, coa que estrearemos o novo formato de 230x153mm, para libros que superen certa extensión. De feito, se bulimos co proceso de edición (a tradución xa está feita), contamos con ter o libro no Festigal, onde compartiremos posto…

Continue reading

Fondo de escritorio “Windows? …Pista!”

O que fai o estrés, que aproveitamos calquer intre libre para facer o friki, pero claro, vai na nosa natureza. Velaquí a última idea de Pablo para un fondo de escritorio “Windows? …Pista!” Esperamos que vos guste. Témolo en versión 1024×768 e en 1280×80. Por suposto, está deseñado usando Inkscape e baixo Ubuntu 7.04, claro. Descarga a versión 1024×768 Descarga a versión 1280×800

Continue reading

Urcocolantes. Proximamente no teu PC ou na túa casa

Os últimos días estivemos facendo algo de traballo gráfico para merchandising e naceron os Urcocolantes, que enviaremos aos nosos subscritores como agasallo nos seguintes envíos. Tamén os poremos ao dispor de todo o mundo para que os descargue quen queira, pero con calma, que estamos até arriba de choio. A idea era facer algo divertido e un pouco gamberro, xogando cos deseños das nosas liñas editoriais e coa idea do software libre. E isto foi…

Continue reading