Cart 0
Nun vidro misterioso Continue reading...

Libros de Sheridan Le Fanu polo seu 201 aniversario

Hoxe celebramos o 201 aniversario do escritor irlandés Sheridan Le Fanu, coñecido polas súas historias góticas de arrepío e misterio. Entre outras cousas, Le Fanu pasou á posteridade por ser o pioneiro na construción do mito da vampira feminina coa súa novela curta Carmilla. Esta vampira, arrodeada por un halo lésbico, deu de si na literatura e no cinema posterior, dacabalo entre o xénero de medo e o erótico. Hoxe que se cumpren 201 anos do…

Continue reading
Romaría dos libros Continue reading...

Romaría dos libros

Romaría dos libros o 25 de xullo Editoras e librarías de Compostela sairán á rúa o vindeiro 25 de xullo para levar a cabo a primeira “Romaría dos libros”. O vindeiro sábado 25 de xullo a partir das 11 da mañá, as pedras da Praza de Mazarelos serán testemuña da trasfega dunha auténtica romaría, só que neste caso dunha “romaría dos libros”. A iniciativa parte dun grupo de librarías e editoras da cidade, conscientes da…

Continue reading
libros para agasallar Continue reading...

Esta semana, libros de agasallo no web

Urco editora únese á celebración da semana do libro agasallando a todos os que merquen libros a través do web cun libro de balde. Hoxe, 23 de Abril, celébrase o día internacional do libro e a lectura. Como non podía ser doutro xeito, en Urco Editora sumámonos a esta celebración cunha iniciativa pensada para os nosos lectores. Todo aquel que merque calquera libro a través da nosa páxina web, recibirá de balde outro, a escoller entre os…

Continue reading

Gallaecia

Este sábado no Cultur.gal estaremos presentando o primeiro número de Gallaecia, que inaugura a nosa liña Urco BD, dedicada á banda deseñada. Esperamos vervos aí. Máis información en www.gallaeciacomic.com.

Continue reading

O Corvo I

Unha media noite estraña, mentres triste eu meditaba, sobre curiosos volumes de saberes ancestrais, a piques de estar durmido, sentín de súpeto un ruído, de algún petar fuxidío, suave sobre o meu portal —Unha visita —supuxen— que peta no meu portal é só isto, nada máis.  _________________ Once upon a midnight dreary, while I pondered, weak and weary, Over many a quaint and curious volume of forgotten lore — While I nodded, nearly napping, suddenly…

Continue reading

Descarga de Sleepy Hollow!

O prometido é débeda, e como non queremos quedar de mentireiros, velaquí está o primeiro “libro liberado” de Urco Editora: Sleepy Hollow e outros relatos, de Washington Irving. Como xa comentamos en anteriores posts, agora mesmo non temos tempo a actualizar a nosa web, logo de momento o documento quedará colgado no blogue á espera de que fagamos unha sección de descargas decente na nosa páxina. O libro vai en formato de texto plano e…

Continue reading