Cart 0
O frío azul Continue reading...

“O frío azul”, de Ramón Caride, na súa edición definitiva e cunha capa de “Realidade Aumentada” 1st Xullo 2015 – Posted in: Alcaián, Mundo editorial, Novidades, Uncategorized

Urco editora publica a edición definitiva da premiada obra de Caride, con moito material adicional do autor e mais unha capa de “Realidade Aumentada” O frío azul, de Ramón Caride Ogando, acadou por unanimidade o Premio Lueiro Rey de Novela Curta en 2007. Catro anos máis tarde, en 2011, a súa versión castelá, publicada pola editorial Anaya, obtivo o Premio de literatura fantástica “El Templo de las Mil Puertas”, na categoría de mellor novela española…

Continue reading
Cegoñas no fondo da ría Continue reading...

“Cegoñas no fondo da ría” ou unha outra Pontevedra 21st Abril 2015 – Posted in: Alcaián, Mundo editorial, Novidades

O novo traballo de Manuel Lourenzo González Cegoñas no fondo da ría é un conxunto de vinte e cinco relatos que recollen outros tantos episodios da historia de Pontevedra nos que os feitos reais se prolongan polos vieiros da fantasía a través de prodixiosos exercicios de imaxinación. Cunha traza de perfecta verosimilitude, vemos desfilar polas rúas antigas desta cidade persoeiros de proxeccción universal como Xulio César, o Preste Xan, Góngora, Carlos de Médici, don Dinís…

Continue reading

Dous novos títulos na colección Alcaián 25th Novembro 2014 – Posted in: Alcaián

Este mes de novembro vimos de tirar do prelo dúas novidades da colección Alcaián: Flash-Black 13 e Hostal Norte. O primeiro é unha recompilación de relatos fantásticos de Ramón Caride (recoñecido autor gañador, entre outros, do Premio Blanco Amor) e o segundo; unha novela de terror psicolóxico de Xosé Duncan con ilustracións de José María Picón. Xa están á vosa disposición no noso carro da compra.

Continue reading

Séchu Sende fala de “O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños” 12th Agosto 2011 – Posted in: Alcaián, Novidades

Colamos aquí unha nota do noso amigo Séchu Sende sobre a novela “O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños”, de Fernando Cimadevila. Obrigadísimos, Séchu: Umhas palavras sobre O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños. por Séchu Sende a Sexta-feira, 12 de Agosto de 2011 às 12:25 Pois si. Acabo de ler O mundo secreto de Basilius Hoffman. Estou de parabéns! Tivem sorte. Passava pola feira do livro da Corunha e…

Continue reading

O mundo secreto de Basilius Hoffman 9th Maio 2011 – Posted in: Alcaián, Novidades

Seguindo coa nosa Colección Alcaián, o 12 de maio imos presentar o novo título de Urco Editora, O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños. Os seus autores, Fernando Cimadevila e Ivan Valladares, apostan porque este sexa o primeiro dunha serie de volumes que narren as aventuras do profesor Basilius Hoffman, historiador e arqueólogo que se embarcará nunha viaxe fantástica na procura do Diario do Cartógrafo. Nesta obra as aventuras están garantidas. O…

Continue reading

Carmiña Burana 1st Abril 2011 – Posted in: Alcaián, Novidades

Este ano, como vén sendo tradición, imos participar no Achegarte os días sábado 2 e domingo 3 de abril e teremos unha presentación dentro do mesmo para dar a coñecer a nosa Colección Alcaián, o sábado 2 ás 20:00 hrs na Sala de Conferencias. Aproveitando este acto, vimos de sacar o terceiro título dentro da mesma. Trátase de Carmiña Burana de Santiago Bergantinhos, unha novela na que descubrimos que a realidade é moito máis complexa…

Continue reading