Cart 0

Tres novidades editoriais 13th Abril 2010 – Posted in: Novidades

Este mes de abril vén cargado de moitas novidades desde Urco. Comezamos con tres títulos do noso catálogo que, esperamos, sexan do voso agrado. Velaquí as nosas achegas e tede unha excelente lectura! En 1877 dous amigos chamados Tonnison e Berreggnog atopan un manuscrito soterrado entre unhas ruínas nun remoto confín da Irlanda rural. As súas estragadas páxinas contan a estraña historia dun home que habitaba unha casa chea de misterios. O narrador conta como…

Continue reading

A princesa e o trasno – George MacDonald 2nd Novembro 2009 – Posted in: Mundo editorial, Novidades

Estreamos a nosa liña de fantasía en formato grande con A princesa e o trasno, unha novela do autor escocés George MacDonald. A princesa e o trasno é un dos pouco coñecidos alicerces da literatura fantástica moderna escrita en forma de conto de fadas. Entre os herdeiros da narrativa de MacDonald cabe destacar a Tokien e a C.S. Lewis, grandes figuras da fantasía do século XX que lle deben non pouco aos escritos do autor…

Continue reading

A Gorida do Verme Branco, de Bram Stoker 25th Setembro 2009 – Posted in: Mundo editorial, Novidades

Continuamos a nosa liña de literatura gótica con Bram Stoker, o autor que viviu á sombra de Dracula, a súa obra máis recoñec ida, mais cuxas outras obras son raras de ver. A gorida do Verme Branco mestura dun xeito maxistral a narrativa gótica con elementos da novela de detectives, cuns diálogos brillantes e unha narración fluída e en constante ascenso. A novela conta a historia de Adam Salton, un mozo criado en Australia, que…

Continue reading

A Praga Escarlata – Jack London 14th Xullo 2009 – Posted in: Novidades

Retomamos a nosa liña de narrativa despois dun longo tempo de silencio con A Praga Escarlata, un relato postapocalíptico de Jack London, ilustrado por Gordon Grant. Nun futuro non moi afastado a humanidade vese arrasada por unha praga mortal. Os poucos superviventes viven nun estadio primitivo, como hai miles de anos. O profesor James Howard Smith é o único que queda vivo dos poucos que sobreviviron á praga, e na súa vellez conta aos seus…

Continue reading

Gallaecia nº2 26th Maio 2009 – Posted in: Novidades

Onte saíu do prelo o segundo número de Gallaecia e esta vez chega con novidades. En primeiro lugar, cambiamos de impresor, cun notábel aumento da calidade. Este novo número ten 4 páxinas máis, un total de 28, e segue conservando o prezo anterior, 9,95€. Os envíos a subscritores están en proceso e o paquete sairá tamén hoxe para a distribuidora. Onte xa saíu unha primeira remesa cara ao Saló do Cómic de Barcelona, onde tamén…

Continue reading

Purgatorio nº1 “Abrindo as portas do inferno” 27th Marzo 2009 – Posted in: Novidades

Volvemos á carga cunha nova serie de BD, a cargo de Marcial Martínez Bascoy: “Purgatorio”. Trátase dunha BD de terror que combina o branco e  negro e as cores planas, cun estilo de debuxo directo e moi persoal. Este primeiro número sae con formato 18×25,5cm e 24 páxinas. Terá unha periodicidade bimensual e o prezo é de 6,95€.

Continue reading

De volta do Cultur.gal 9th Decembro 2008 – Posted in: Miscelánea, Mundo editorial, Novidades

Xa estamos de volta do Cultur.gal e en proceso de retorno á rutina e organización dos novos proxectos. A nosa experiencia nesta feira das industrias culturais non puido ser máis positiva. Coñecimos unha chea de xente interesante do sector, presentamos Gallaecia cunha enorme acollida por parte do público asistente, démosnos a coñecer entre os visitantes e os expositores, saímos cunha chea de proxectos novos baixo do brazo etc. Malia algúns problemas de organización e o…

Continue reading

Gallaecia 1st Decembro 2008 – Posted in: Libros libres, Novidades

Este sábado no Cultur.gal estaremos presentando o primeiro número de Gallaecia, que inaugura a nosa liña Urco BD, dedicada á banda deseñada. Esperamos vervos aí. Máis información en www.gallaeciacomic.com.

Continue reading

Morgante 30th Setembro 2008 – Posted in: Mundo editorial, Novidades

Despois de tanto tempo, vovemos actualizar, si, seguimos vivos e con ganas de continuar. Hoxe abrimos cunha pequena recomendación: dous libros de Morgante edicións. Edicións Morgante é un pequeno selo ligado a Rinoceronte Editora, que nace con vocación de caixón de xastre: a única característica común a todo aquilo que publicamos é que nos guste. Fóra diso, a propia variedade de temas, estilos e formatos dá boa idea do seu eclecticismo. Os dominios de Golgur:…

Continue reading

Urco estrea oficina 4th Setembro 2008 – Posted in: Miscelánea

Mañá venres día 5 de setembro ás 20:30h estades todos convidados á inauguración da nova oficina de Urco Editora, na rúa Santa Uxía de Ribeira número 2, baixo. A reforma foi un  traballo longo e pesado, que nos levou todo o verán pero que levamos adiante nós mesmos. Agardamos que agora que comezaremos a ter horarios de xente normal poidamos avanzar máis no traballo, actualizar este blogue con regularidade e montar a tenda en liña…

Continue reading