Cart 0

Presentación de “Crónicas do mañá” 26th Novembro 2010 – Posted in: Uncategorized

Onte, o mesmo 25 de novembro que no ano 1956 zarpaba o Granma de México co seu cargamento revolucionario cara a Cuba, presentamos na libraría Paz de Pontevedra a novidade de Urco Editora Crónicas do mañá: 50 anos de contos cubanos de ciencia ficción. Esta escolma, realizada por José Miguel Sánchez «Yoss», un dos principais representantes da literatura de Ciencia Ficción na Cuba contemporánea, pretende achegar ao lector medio século de literatura cubana do xénero a través…

Continue reading

O monstro metálico 31st Xullo 2010 – Posted in: Novidades

Nos próximos días, sairá outra novidade editorial neste verán cargado de lecturas para levardes á praia. Trátase d’”O monstro metálico” de Abraham Merritt, un dos grandes esquecidos da literatura pulp estadounidense. Inspiración da xeración de Lovecraft, foi rapidamente esquecido no panorama editorial, pensamos que inxustamente. Unha aventura estraña, inesperada, chea de escenarios terroríficos e de segredos estarrecedores. Unha novela de ciencia ficción que sorprenderá aos lectores do xénero. Feliz lectura!

Continue reading

Cambio d'”A casa no confín” 6th Xullo 2010 – Posted in: Mundo editorial, Novidades

Bos días! Como lembraredes, tivemos un problema coa impresión d’A casa no confín e decidimos esperar un pouco para podérmolo imprimir en Sacauntos. Finalmente, o título está listo, con todas as emendas correspondentes e impreso na nosa casa. Todos os subscritores recibiredes o título nos próximos días como vén sendo costume. Aqueles lectores que mercarades esta obra na Feira do Libro de Compostela ou noutro punto de venda, podedes pasar polo noso local para cambiar…

Continue reading

Presentación de Módicos 8th Xuño 2010 – Posted in: Mundo editorial, Novidades

Aínda vos debiamos unhas fotos da presentación que tivemos hai un par de semanas da nosa nova aposta de distribución vía internet: Módicos. A verdade é que quedamos moi satisfeitos, sobre todo porque puidemos conversar con algúns de vós e tomarnos unhas cañas falando do futuro da nosa editorial e do que pensades ao respecto. Na presentación participaron Moisés Barcia de Rinoceronte, Txiki Calvo da Toupa e Tomás González de Urco. Tamén estiveron por alí…

Continue reading

Módicos 22nd Maio 2010 – Posted in: Mundo editorial, Novidades

A parcelaria chega á edición galega Preséntase unha nova colección común a varias editoriais O martes día 25 ten un lugar un acontencemento novidoso no crecente minifundio do panorama editorial galego, xa que por primeira vez preséntase unha colección nutrida con obras de distintas editoras. Ás 19:00 farase a presentación oficial da colección Módicos na galería Sargadelos de Santiago. Os Módicos comparten deseño común (aínda que sobre a base do logo de cada editora) e…

Continue reading

Presentación de Módicos 21st Maio 2010 – Posted in: Mundo editorial, Novidades

Boas: temos o honor de convidarvos á presentación de Módicos, un selo de libros de peto a un prezo moi baixo no que Urco Editora vai participar xunto a Rinoceronte Editora e, nun futuro, outras editoriais amigas. Todo isto grazas ao apoio que nos presta Toupa.net. A presentación será este martes 25 de maio ás 19:00 hrs. na Galería de Sargadelos. Estamos moi ilusionados co proxecto e cremos que será moi interesante tamén para todos…

Continue reading

A casa no confín 12th Maio 2010 – Posted in: Miscelánea, Novidades

Onte pola noite, unha lectora moi desconcertada fixo que nos désemos conta dun erro imperdoábel na nosa edición d’A casa no confín (grazas, Raquel). Como poderedes ver todos os que xa o tendes, o capítulo 12 non está incluído. Trátase dun erro de impresión, proceso que, desgraciadamente, escapa por completo do noso control. Pedímosvos unha desculpa sincera e sabede que xa estamos traballando para publicar unha versión da que poidamos presumir, na que incluiremos algunha…

Continue reading

Urco Editora na Feira do Libro de Compostela 30th Abril 2010 – Posted in: Miscelánea

Como sabedes, mañá comeza, un ano máis, a Feira do Libro de Santiago de Compostela e Urco Editora vai estar presente por primeira vez nesta edición. Imos ter á venda todos os nosos libros, incluídas as tres novidades que publicamos hai uns días. Tamén teremos á vosa disposición unhas láminas d’O Corvo que, estamos seguros, quedarían xeniais nas vosas casas. E, como sempre, haberá algunha outra sorpresa nesta semana dedicada ao libro. Esperamos a vosa…

Continue reading

Bases para a colección Alcaián 20th Abril 2010 – Posted in: Miscelánea, Mundo editorial, Novidades

Concretando un pouco máis o noso convite de onte, engadimos algúns datos que vos poderán aclarar a natureza das obras que procuramos. Pedímosvos textos que estean dentro de calquera das seguintes categorías: Conto: de menos de 25 páxinas a dobre espazo. Relato curto: a partir de 25 e até 70 páxinas a dobre espazo. Novela: de 70 páxinas a dobre espazo en adiante. Xa coñecedes os xéneros que manexamos en Urco, pero non está de…

Continue reading