Cart 0

Tenda en liña! 13th Setembro 2011 – Posted in: Uncategorized

Xa temos en marcha a nosa tenda en liña — está perfectamente integrada coa nosa web, de xeito que simplemente consultando o catálogo podes engadir a un carriño da compra os libros que desexes e pagar con PayPal ou tarxeta de crédito. Enviámosche os libros ao enderezo que nos digas cun custo baixo. Lembra, coma sempre, que temos un programa de novidades ao que te podes subscribir: recibes os nosos libros na túa casa cun…

Continue reading

Séchu Sende fala de “O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños” 12th Agosto 2011 – Posted in: Alcaián, Novidades

Colamos aquí unha nota do noso amigo Séchu Sende sobre a novela “O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños”, de Fernando Cimadevila. Obrigadísimos, Séchu: Umhas palavras sobre O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños. por Séchu Sende a Sexta-feira, 12 de Agosto de 2011 às 12:25 Pois si. Acabo de ler O mundo secreto de Basilius Hoffman. Estou de parabéns! Tivem sorte. Passava pola feira do livro da Corunha e…

Continue reading

Presentación da Biblioteca Lovecraft 19th Xullo 2011 – Posted in: Uncategorized

Como xa sabedes, recentemente publicamos o primeiro volume da obra completa de H.P. Lovecraft, o autor de Providence creador dun xénero de ciencia ficción cósmica e materialista que tivo innúmeros seguidores. O vindeiro 29 de Xullo ás 22:00, en colaboración coa Sociedade Lovecraft da Galiza, presentaremos no Centro Social O Pichel os volumes 2 e 3 da Biblioteca, que conterán as historias “O Horror de Dunwich”, “O que marmura na escuridade” e “Nas montañas da…

Continue reading

Actualización da subscrición no noso blogue 4th Xullo 2011 – Posted in: Uncategorized

Para facilitarvos o proceso de subscrición á nosa editorial, neste blogue introducimos un novo formulario co que vos será moito máis fácil levar a cabo este pequeno trámite que é unha grande axuda para nós e o noso proxecto. Toda a información que nos proporcionedes a través do mesmo será tratada coa debida precaución, ao conter información privada, mais se de todos os xeitos preferidos subscribirvos a través doutra vía, podedes empregar calquera das vías…

Continue reading

O mundo secreto de Basilius Hoffman 9th Maio 2011 – Posted in: Alcaián, Novidades

Seguindo coa nosa Colección Alcaián, o 12 de maio imos presentar o novo título de Urco Editora, O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños. Os seus autores, Fernando Cimadevila e Ivan Valladares, apostan porque este sexa o primeiro dunha serie de volumes que narren as aventuras do profesor Basilius Hoffman, historiador e arqueólogo que se embarcará nunha viaxe fantástica na procura do Diario do Cartógrafo. Nesta obra as aventuras están garantidas. O…

Continue reading

Carmiña Burana 1st Abril 2011 – Posted in: Alcaián, Novidades

Este ano, como vén sendo tradición, imos participar no Achegarte os días sábado 2 e domingo 3 de abril e teremos unha presentación dentro do mesmo para dar a coñecer a nosa Colección Alcaián, o sábado 2 ás 20:00 hrs na Sala de Conferencias. Aproveitando este acto, vimos de sacar o terceiro título dentro da mesma. Trátase de Carmiña Burana de Santiago Bergantinhos, unha novela na que descubrimos que a realidade é moito máis complexa…

Continue reading

Inauguramos a Biblioteca Lovecraft 24th Marzo 2011 – Posted in: Novidades

Comprácenos comunicarvos que o primeiro título da nosa Biblioteca Lovecraft vén de ver a luz. Trátase d’A chamada de Cthulhu e contén seis relatos da primeira etapa deste autor que marcaron as pautas do mito que viría despois. Esperamos que gustedes deste primeiro volume tanto como nós. Toda mitoloxía ten uns alicerces e toda épica ten uns inicios, e o chamado “Ciclo de Cthulhu”, polifonía estridente e impía que desafía toda cordura, non podía ser…

Continue reading

Libriscos nos vosos locais composteláns 5th Xaneiro 2011 – Posted in: Novidades

Nesta ponte de reis, Urco Editora e Edizer, en colaboración con diversos locais de Compostela (Café Bar O 13, Pub O Curruncho, As Dúas Café Bar, Ultramarinos, Medusa, Casa das Crechas e Bicoca) e a imprenta Sacauntos, poremos en circulación os Libriscos, a nosa nova iniciativa cultural para as vosas noites compostelás. A nosa intención é achegar ao público a lectura, como se dun petisco se tratase. De feito, estes oito libros serán postos aos…

Continue reading

Presentación das novidades editoriais de Urco 26th Novembro 2010 – Posted in: Mundo editorial, Novidades

Mañá, día 27 de novembro, ás 12:00, presentamos no CulturGal as novidades editoriais de Urco para esta tempada: Crónicas do mañá: 50 anos de contos cubanos de ciencia ficción, escolma de relatos que se publica por primeira vez fora de Cuba; O castelo de Otranto, a novela iniciadora do xénero gótico; e Solomon Kane, unha escolma de tres relatos da personaxe creada por Robert E. Howard (autor, entre outros, das aventuras do bárbaro Conan, que tamén…

Continue reading

Presentación de “Crónicas do mañá” – Posted in: Uncategorized

Onte, o mesmo 25 de novembro que no ano 1956 zarpaba o Granma de México co seu cargamento revolucionario cara a Cuba, presentamos na libraría Paz de Pontevedra a novidade de Urco Editora Crónicas do mañá: 50 anos de contos cubanos de ciencia ficción. Esta escolma, realizada por José Miguel Sánchez «Yoss», un dos principais representantes da literatura de Ciencia Ficción na Cuba contemporánea, pretende achegar ao lector medio século de literatura cubana do xénero a través…

Continue reading