Cart 0

Dous novos títulos na colección Alcaián 25th Novembro 2014 – Posted in: Alcaián

Este mes de novembro vimos de tirar do prelo dúas novidades da colección Alcaián: Flash-Black 13 e Hostal Norte. O primeiro é unha recompilación de relatos fantásticos de Ramón Caride (recoñecido autor gañador, entre outros, do Premio Blanco Amor) e o segundo; unha novela de terror psicolóxico de Xosé Duncan con ilustracións de José María Picón. Xa están á vosa disposición no noso carro da compra.

Continue reading

Sangue 12 no Zigzag diario 13th Xuño 2014 – Posted in: Uncategorized

A novidade da colección Alcaián, Sangue 12 vén de recibir a atención do Zigzag diario da TVG cunha reportaxe na que podemos escoitar as palabras da súa autora: Cris Pavón. Para ver a reportaxe (a partir do minuto 5:30) preme sobre a capa do libro. .

Continue reading

Cuestionario Proust de Fernando M. Cimadevila 12th Xuño 2014 – Posted in: Uncategorized

O escritor Fernando M. Cimadevila fixo un descanso na redación do terceiro volume de O mundo secreto de Basilius Hoffman para contestar as preguntas do Cuestionario Proust, do Caderno da Crítica de Ramón Nicolás. Podes ver o cuestionario premedo sobre a foto.

Continue reading

Eduardo Santiago gaña o premio Jules Verne de literatura xuvenil 2014 9th Xuño 2014 – Posted in: Uncategorized

Esta semana, como non podía ser doutro xeito, imos recomendar a lectura do libro da colección Alcaián A teoría do tempo imaxinario, de Eduardo Santiago; quen ven de recibir o  Premio Jules Verne de literatura xuvenil 2014 pola obra O Gran Reino. Ano 2050. Mara vive nunha cidade universitaria pechada e autosuficiente, o ECAS. Hai unha rede mundial de realidade virtual que permite viaxar ás persoas a calquera parte do mundo en tempo real. Susana convida a Mara para…

Continue reading
Continue reading...

Almuric 9th Agosto 2013 – Posted in: Uncategorized

O mes pasado prometiamos máis Robert E. Howard; e aquí temos Almuric, unha novela a medio camiño entre a Fantasía Épica e a Space Opera que se atopa entre o mellor da narrativa do creador de Conan.

Continue reading