Cart 0

Timo Parvela

Showing the single result

Timo Parvela
Timo Parvela (Jyväskylä 1964) É o escritor de literatura infantil e xuvenil máis reputado de Finlandia. Graduouse en pedagoxía e exerceu como mestre entre 1988 e 1995. Desde entón vive da escrita, aínda que os seus libros acotío entran nas aulas do sistema educativo finlandés. Leva escritas máis de sesenta obras, moitas delas con posteriores adaptacións teatrais, televisivas e mesmo cinematográficas. Non en balde case sempre hai un libro seu na lista dos máis vendidos do seu país. Ademais de contar cun enorme éxito entre o público de todas as idades e a crítica, ten no seu haber un bo feixe de premios, como o Finlandia (2014), o Topelius, que gañou en 2007 por O gume ígneo, e moitos máis, alén de ser proposto para o Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA) en varias ocasións.