Cart 0

Pasi Ilmari Jääskeläinen

Showing the single result

Pasi Ilmari Jääskeläinen
Pasi Ilmari Jääskeläinen é o segredo literario mellor gardado de Finlandia... A comezos dos setenta, cando tiña cinco anos, vivía nun bloque de pisos que se erguía a carón do cemiterio de Jyväskylä e cría nos vampiros. A comezos dos oitenta aínda tiña soños vampíricos e namorou da Jeanne Moreau do Jules e Jim de Truffaut. Dez anos despois Pasi escribiu os seus primeiros relatos. Gañou un certame de narrativa breve de ciencia-ficción e fantasía catro veces e daquela decidiu converterse en escritor. Agora dedícase á escrita, malia que tamén exerce como profesor de lingua e literatura finlandesas no ensino secundario e é pai de tres fillos. Nunca deixou de amar os vampiros, a Jeanne Moreau e os filmes clásicos. Ao longo da súa breve carreira xa gañou algúns dos premios literarios máis prestixiosos de Finlandia, como o Atorox-palkinto (1998, 1999, 2000 e 2012) o Kuvastaja-palkinto (2007 e 2011) ou o Tähtivaeltaja-palkinto (2000).