Eduardo Santiago gaña o premio Jules Verne de literatura xuvenil 2014 9th Xuño 2014 – Posted in: Uncategorized

Esta semana, como non podía ser doutro xeito, imos recomendar a lectura do libro da colección Alcaián A teoría do tempo imaxinario, de Eduardo Santiago; quen ven de recibir o  Premio Jules Verne de literatura xuvenil 2014 pola obra O Gran Reino.

A teoría do tempo imaxinario

Ano 2050. Mara vive nunha cidade universitaria pechada e autosuficiente, o ECAS. Hai unha rede mundial de realidade virtual que permite viaxar ás persoas a calquera parte do mundo en tempo real. Susana convida a Mara para probar un novo sistema de seguridade virtual no Smithsoniam. Alí Mara coñece dous mozos que farán cambalear a súa apracíbel vida dun xeito até entón insospeitado. Amor e desamor, desexo e paixón, ciencia e tecnoloxía… descubre até que punto as protagonistas poden saír da ficción e achegarse á realidade, á túa realidade.